LLUÍS LLACH
Poetes
Auditorio de Galicia
1 de xuño de 2004. 21:00 h.
12 €. Tarifas reducidas de 6€ para estudantes e xubilados/as.
'Poetes' é unha homenaxe a algúns escritores que foron decisivos na traxectoria musical de Lluís Llach. O cantautor catalán recupera cancións que compuxo nestes últimos 30 anos a partir de textos de Màrius Torres, Josep Maria de Sagarra, Pere Quart, Constantin Kavafis, Joan Fuster e, moi singularmente, de Miquel Martí i Pol.
Neste último traballo, Lluís Llach inclúe moitos dos seus temas emblemáticos como
Viatge a Itaca,
Vinyes verdes vora el mar,
Ara mateix ou Corrandes d´exili; amais o cantautor introduce unha canción esquecida de Josep Maria Andreu
Temps i temps e tres pezas da súa autoría dedicadas a tres personaxes que o inspiraron no seu quefacer poético persoal: Maria Aurèlia Capmany, Josep Maria Espinàs e Eudald Solà.
No seu concerto en Compostela, Llach estará acompañado por Laura Almerich (guitarra, marimba, acordeón e voces), Jorge Cuscueta (saxo e clarinete), Dani Forcada (percusión), Jordi Portaz (baixo e contrabaixo), Lali Rodríguez (guitarras) e Odette Telleria (voz).
Lluís Llach naceu en 1948 en Girona e viviu toda a súa infancia no Baix Empordà, comarca da que sempre se declarou namorado. Amosou interese pola música desde pequeno e deuse a coñecer como cantante durante a súa época universitaria. Inmerso nos ambientes antifranquistas, pronto destacaría na denominada
Nova Cançó catalana. A opresión da dictadura obrigouno a exiliarse a Francia, onde continuaría con éxito a súa carreira artística, ata o seu regreso a Cataluña
Lluís Llach. Web oficial do cantautor catalán.
«
Programa 2004