ACTUACIÓN EXCEPCIONAL DE

LUZ

Voz e piano
PIANO JON GILUTIN

Auditorio de Galicia
2 de abril de 2004. 21:00 h.
12 €

No formato de voz e piano non hai artificios. Aí ponse a proba a solidez dun repertorio e cando a forza dos intérpretes. A primeira vez que Luz interpretou os seus temas acompañada só por un pianista foi en 2003, na Coruña. Este formato supuxo un gran reto para ela, tanto polo traballo de voz como por presentar as cancións na súa nudez máis plena.

A seguinte ocasión en que Luz optou por esta singular posta en escena foi en marzo, nos Estados Unidos, abrindo os concertos de Jackson Browne nos Ánxeles e en Phoenix.

O 2 de abril Luz volverá ao escenario con este formato tan excepcional. Estará acompañada por Jon Gilutin, un auténtico mestre do piano que ten traballado con figuras tan importantes como Aretha Franklin, James Taylor e Linda Rondstadt.

Web de Luz

« Programa 2004