MANECAS COSTA
Paraiso di Gumbe
Auditorio de Galicia
23 de abril de 2004. 21.00 horas
12€
O artista guineano presenta en Compostela o seu segundo álbum, "Paraiso di gumbe", editado pola discográfica da BBC Late Junction e producido por Lucy Duran e por Jerry Boys, dous recoñecidos productores de éxito. Este novo traballo de Manecas Costa foi gravado en Guinea Bissau, usando un estudio improvisado nun night club chamado Rios, e nos prestixiosos Livingston Estudios de Londres.
A forma melódica e virtuosa de tocar a guitarra consagrou a Manecas Costa como un dos máis destacados músicos de África, aínda que na actualidade ten a súa residencia fixada en Lisboa.
A súa proxección internacional veu auspiciada polo Festival Decouverte de Radio France International, creado para promover os novos talentos de África, o Caribe e o Pacífico, no que participou con 20 anos.
Do ano 1995 ó 1998 foi guitarrista de Waldemar Bastos, período no que tamén colaborou estreitamente co músico caboverdiano Bana. No ano 1999 editou o seu primeiro traballo "Fundo de Matu", enteiramente producido en Lisboa con importantes colaboracións do mundo musical portugués e africano.
"Paraiso di gumbe" é un álbum acústico e eléctrico á vez, que explora o son salvaxe e vibrante de Guinea Bissau interpretado coa inimitable forma de cantar e tocar a guitarra de Manecas Costa, un dos máis orixinais e creativos artistas do seu país.
Paraiso de gumbe. Crítica do disco, na BBC.
«
Programa 2004