Richard Bona
Ritmos de jazz e son cubano dende África
O sábado 4 de novembro.
Ás 21:00 horas no Auditorio de Galicia.
O prezo das entradas é de 15 euros; 7,50 euros para estudantes e xubilados/as.
Aos 22 anos Richard Bona marchou a París, onde, aos dous meses de chegar, estaba xa tocando con grandes músicos franceses como Didier Lockwood e Marc Ducret, así como con Manu Dibango e Salif Keita. Nesa cidade estudou música durante sete anos e creou a banda Point Cardinale.
Por consello do guitarrista Mike Stern, desprazouse a Nova York en 1995. Despois de gravar con Joe Zawinul, coñeceu a Harry Bellafonte e rematou sendo o líder e director musical da banda de Harri durante un ano e medio. A lista de grandes artistas cos que tocou o baixo é interminábel: Larry Coryell, Steve Gadd, Bob James, Mike Stern, Pat Metheny, George Benson, Bobby McFerrin, etc.
En 1999 gravou o seu propio CD
Scenes from my life, un anaco da súa propia historia, onde quedan patentes as súas habilidades á hora de compoñer así como o seu valor como instrumentista e a súa encantadora voz. En 2001 lanzou
Revence, onde mestura as súas propias raíces africanas, a súa sensibilidade jazzística e as súas conmovedoras reflexións líricas.
Pero o álbum no que Richard Bona acadou a madurez foi
Tiki. Neste traballo podemos viaxar por África, unha terra de mitos e intimidade ancestral, polo cosmopolitismo das grandes capitais culturais, con sons do jazz e dos ritmos afro-cubanos, dende a prezada suavidade da harmonía brasileira até a enerxía do rap ou a precisión do pop anglosaxón.
Richard Bona leva percorridos os mellores escenarios de todo o mundo co seu sorriso e a súa elegancia musical.
Web de
Richard Bona
«
Programa 2006