Orquestra Árabe de Nazareth

A tradición acústica arabe orixinada en tres relixións

O domingo, 17 de decembro.
Ás 21:00 horas no Auditorio de Galicia.
O prezo das entradas é de 15 euros; 7,50 euros para estudantes e xubilados/as.

Orquestra Árabe de Nazareth é un conxunto integrado por algúns dos mellores músicos e cantantes de Nazareth e Galilea. Son músicos especializados en música clásica, tradicional e folc das culturas palestina, libanesa, exipcia e árabe-israelí, ademais de compoñer a súa propia música orixinal.

Os compoñentes da Orquestra Árabe de Nazareth pertencen, ademais, ás tres grandes relixións existentes na zona: musulmá, cristiá e xudea. Por tanto, o grupo convértese en si mesmo nun símbolo de paz e entendemento entre relixións e culturas. A súa mensaxe é sinxela: a música é a mellor ponte para a paz.

Unha música que eles interpretan con instrumentos acústicos tradicionais e cunha abraiante harmonía de sons e voces. Teñen tocado en diversos festivais de música clásica, tradicional, jazz e folc en todo o mundo, incluíndo o coñecido festival de Fez (Marrocos) e escenarios como o Central Park de Nova York ou o Royal Festival Hall, xunto ao grupo británico de rock Radiohead.



« Programa 2006
Escoita en mp3 o tema da Orquestra Árabe de Nazareth:
Yaqalbi