Goran Bregovic
Karmen cun final feliz
No Auditorio de Galicia
O 19 de febreiro. 21:00 horas
A entrada custa 20 euros. Estudantes e xubilados/as 10 euros
As raíces nos Balcáns, de onde el procede. A cabeza, no século XXI. A música de Goran Bregovic casa os sons dunha charanga cigana con polifonías búlgaras tradicionais, guitarras e percusión tradicional cun curioso acento roqueiro. Fillo de nai serbia e pai croata, Goran Bregovic converteuse nos anos 70 nunha estrela de rock da ex Iugoslavia co seu grupo Bijelo Dugme (Botóns Brancos).
Goran Bregovic presenta agora, xunto á Orquestra para Vodas e Funerais, formada por músicos de Bulgaria, Serbia e Romanía, a ópera
Karmen cun final feliz. Toda a música é nova e, agás algunhas reminiscencias, non ten nada que ver coa
Carme de Bizet. Inspírase na música dos ciganos tal e como se toca en Europa hoxe en día e foxe de grandiosas montaxes musicais. Nas palabras de Goran Bregovic, a súa
Karmen é "unha ópera para pobres, porque os pobres tamén merecen algo de ópera".
Na
Karmen de Goran Bregovic,
Kleopatra, unha vidente, namórase do mozo
Bakia, que traballa na recollida de lixo e que canta fragmentos da ópera de Bizet. A través desta música coñece a historia de amor contemporáneo do seu curmán
Kostic con
Karmen. Co ánimo de mudar o fatalismo do destino,
Kleopatra decide poñer en escena, coa axuda dos músicos da orquestra de
Kostic, unha ópera que recrea unha historia de amor, pero con final feliz.
Web oficial de
Goran Bregovic
«
Programa 2006