João Afonso
Chega a Compostela para presentarnos a súa Outra vida
O sábado, 28 de outubro.
Ás 21:00 horas no Autidorio de Galicia.
O prezo das entradas é de 15 euros; 7,50 euros para estudantes e xubilados/as.
João Afonso cultivou dende moi axiña o gusto por cantar, collendo influencias tanto da música urbana africana coma da música popular portuguesa, neste caso a través do seu tío Zeca Afonso.
Naceu en Mozambique en 1965, aínda que chegou a Portugal en 1978. Entre 1987 e 1995 participou, acompañado polo seu irmán António Afonso e polo músico Sérgio Mestre, en numerosas homenaxes a Zeca Afonso.
Esta fase marcou o primeiro ciclo da traxectoria musical de João Afonso, que culminou coa súa participación no proxecto
Maio maduro maio, con José Mário Branco e Amélia Muge, presentado por primeira vez en decembro de 1994 nun espectáculo no Teatro Municipal São Luiz, en Lisboa, e do cal se editou un CD duplo en 1995 que recibiu o premio José Afonso.
O seu primeiro álbum en solitario,
Missangas, publicouse en maio de 1997. Coa produción de Júlio Pereira, mereceu da crítica especializada destacados eloxios, consolidando a opción de João Afonso polo "mundo da música" coa realización de espectáculos en diversas localidades de Portugal e no estranxeiro e coa participación en festivais internacionais, nomeadamente no I Festival da Lusofonia de Montreaux e no Festival Atlantida en París.
O CD
Missangas deulle a João Afonso o título de mellor voz masculina nacional (Premio Blitz, 1998) e unha nominación para o Premio José Afonso. O seu éxito estendeuse a outros países, dando orixe a edicións en Francia (Verve/Polygram, 1998) e en España (Resistencia, 1998).
Barco voador, o segundo álbum, foi editado en setembro de 1999, e confirmouno como un dos máis interesantes compositores e letristas da música portuguesa, reforzando igualmente a singularidade da súa voz.
En abril de 2002, João Afonso editou
Zanzibar. Este seu terceiro traballo discográfico foi gravado nos meses de verán de 2001 en estudos non convencionais, con produción de José Carrapa e traballo técnico de Jorge Avillez, e presentaba un complexo musical rico, no cal destacan os xogos de voces e a diversidade instrumental.
Os vínculos con Galiza son importantes xa dende o inicio da carreira de João Afonso: alén da participación regular en espectáculos e festivais, colaborou habitualmente con Uxía Senlle, ademais de con Luís Pastor.
Actualmente, está a presentar o seu novo traballo discográfico,
Outra vida.
Web de
João Afonso.
«
Programa 2006