DOMINIQUE A
L'horizon
O sábado 9 de xuño.
Ás 21:00 horas no Auditorio de Galicia.
O prezo da entrada é de 15 euros; 7,50 euros para os e as estudantes e as persoas xubiladas.
"La rue monte en lacets / Chaque virage se mérite …" ("A rúa sobe en lazos / Cada curva está merecida…").
Estas palabras que abren
L'horizon, novo álbum de Dominique A, resumen ben o itinerario dun home afeito a non seguir as liñas rectas. Dominique A é un explorador. Cada un dos seus discos é merecido.
Dominique A só segue a súa ruta e este novo disco é un territorio máis para andar sen cansar. A súa voz, á que ás veces pareceu difícil darlle un lugar, libérase. Tras a súa fiel guitarra impóñense, aquí e alá, un piano sutil, coros arrebatadores e concisos arranxos de metais.
Dominique A é un melancólico, pero desa melancolía tan indispensábel como a beira do mar. Unha melancolía que se impregna, en
L'horizon de ambientes crepusculares, de gozosos voos líricos. Cando a canción francesa se afoga no afán de recrearse nos seus tópicos, Dominique A dálle aire, ábrea a grandes espazos. Inventa aventuras novelescas, historias emocionantes sometidas á esixencia dunha escritura que se desprega, que afonda, que conta e que soña.
L'horizon está cheo de referencias literarias, de imaxes duras, de amores fuxitivos, de recordos turbadores da infancia, como unha visión alucinada da realidade. E prendido de todo isto un novo capítulo na canción francesa, do que sen dúbida, podemos apostar, quedará constancia.
"Non me corresponde a min xulgar os méritos deste álbum. Porén si espero que se me permita dicir que o sinto como o meu proxecto máis persoal dende
La fossette, o meu primeiro disco, e que a san frustración inherente ao anterior álbum ten provocado en min un forte desexo de escribir e de tocar: teño a debilidade de crer que se sente este desexo en
L'horizon. Nas palabras do propio creador.
Web oficial de
Dominique A
«
Programa 2007