KHALED
Ya-Rayi
O sábado 24 de marzo.
Ás 21:00 horas no Auditorio de Galicia.
O prezo da entrada é de 15 euros; con descontos do 50% para estudantes é persoas xubiladas (7,50 euros).
Khaled é recoñecido por unanimidade como o Rei do Raï, polos seus éxitos mundiais tal como
Didi e
Aïcha . A súa música é unha invitación irresistíbel para embarcarse nunha viaxe arredor do mundo, onde a música raï se mestura de forma alternativa co reggae, o
funk, o flamenco, o calipso e ata os cantos de Europa do Leste.
Tras cinco discos de éxito, o novo álbum de Khaled,
Ya Rayi, é unha xenuína "volta ás raíces". Khaled volve á esencia da música raï, cuns encantadores acordes exipcios. Por exemplo na gran canción chaabi
H'mama que gravou a orquestra da Radio Nacional Alxeriana, Khaled fai unha homenaxe ao pobo alxerino e ao seu folclore. Neste tema reúnense dúas estrelas dos anos 40 e 50, o cantante Blaoui Houari e o pianista Maurice El Medioni.
Khaled convida a descubrir e redescubrir toda a maxia raï e transpórtanos directamente ao típico cabaré alxerino, aqueles cabarés onde el actuaba na súa cidade natal de Orán ao comezo da súa carreira. "Na miña mente eu quería regresar ao raï 100%. Quería regresar aos estilos antigos para volver a sentir a esperanza", di Khaled.
É un disco festivo de raíces, longamente esperado pola comunidade alxerina tanto como por un amplo público desexoso de facer deste novo traballo o seu maior éxito.
Sempre con ese cálido sorriso na boca, Khaled acendeu a chama do raï pop moderno alá polos anos 70. Converteuse nun músico portavoz de toda unha xeración que nacera no medio da euforia e da esperanza que chegou coa independencia de 1962. Esta xeración demandaban liberdade para falar das súas frustracións, do sexo, do alcol, do servizo militar e do exilio. O raï converteuse entón no vehículo idóneo para expresarse e Khaled erixiuse no seu abandeirado. A agresión directa e o enfrontamento non forman parte do seu estilo. O segredo do seu éxito está no seu manexo da controversia e o conflito e nesa sorte de risas contaxiosas. Ese é tamén o segredo da súa supervivencia.
Web oficial de
Khaled
«
Programa 2007