Adriana Calcanhotto
Pelos Ares
O sábado 26 de maio.
Ás 21:00 horas no Auditorio de Galicia.
As entradas teñen un prezo de 15 euros con descontos do 50% (7,50 euros) para persoas xubiladas e estudantes.
Conta historias que conseguen enganchar a todo aquel que as escoita. Coa súa guitarra e a súa voz, a artista conseguiu converterse nunha das artistas máis recoñecidas internacionalmente de todo Brasil. Sen lugar a dúbidas, Adriana Calcanhotto foi unha das artistas revelación da música popular brasileira dos anos noventa. Sobresaír nun país tan musical como Brasil só está ao alcance daqueles talentos que desbordan personalidade. Adriana é unha cantautora con luz propia, unha excelente creadora de cancións.
Naceu en Porto Alegre. Filla dun baterista de jazz e bossa nova, e unha bailarina e mestra de educación física, desde pequena escoitou os discos dos seus pais: de Astor Piazzolla e Pink Floyd ata Miles Davis e João Gilberto. Con só seis anos comezou a recibir clases, ao tempo que acompañaba a seu pai nos ensaios que realizaba no garaxe da súa casa.
O seu contacto coa obra de Maria Bethânia, Caetano Veloso, Luiz Melodía, Elis Regina e a música brasileira en xeneral, impulsouna a lanzarse como cantante: preséntase en diversos bares da súa cidade natal e máis tarde trasládase a Río para mostrar a súa proposta. Os favorábeis comentarios de público e crítica achégana á compañía Sony, coa que asinou un contrato de gravación.
En abril de 1990 aparece
Enguiço, o seu álbum debut, que presentou cunha xira por todo Brasil e pola que foi a revelación musical do ano. Dous anos despois lanza
Senhas, que lle permitiu realizar o seu primeiro show no emblemático teatro Caneçao, ademais de completar unha xira nacional de cento setenta datas e recibir un disco de ouro.
A partir do 94 grava cinco discos que obtiveron grades éxitos mundiais e que a consolidaron como unha das mellores artistas do Brasil.
Web oficial de
Adriana Calcanhotto.
«
Programa 2007