No Auditorio o 19 de xaneiro

Moving Hearts

O dream team da música irlandesa

O sábado, 19 de xaneiro
No Auditorio de Galicia, ás 21:00 horas
O prezo das entradas é de 15 euros, con desconto do 50% para persoas xubiladas e estudantes

A Banda irlandesa que revolucionou o folc nos anos 80 e que se converteu en guía para os e as amantes do xénero de todo o mundo, reuniuse en Dublín a principios do 2007. Moitas persoas eran felices ao ver de novo xuntos a Moving Hearts coma unha banda instrumental e a Vicar Street encheuse durante 4 noites sucesivas para gozar deste concerto. Desta experiencia naceu Live in Dublín, un cd acompañado dun dvd de imaxes que se gravou durante a actuación.

Segundo Noel Eccles, Moving Hearts volve a reunirse porque sempre sentiron que non acabaran de explotar as posibilidades da súa banda instrumental e do seu son único.

Moving Hearts comezaron a tocar xuntos en Dublín, o 2 de febreiro de 1981. Aquela formación comprendeu a Christy Moore, voz, guitarra e bodhran; Donal Lunny, bouzouki e sinthesiser; Declan Sinnott, guitarra eléctrica; Eoghan O’Neill, baixo; Brian Calnan, tambores e percusión; Davy Spillane, tubos e baixo silbar; e Keith Donald, saxofóns. Todos eles recoñecidos como grandes figuras música.

Sentan as bases dun potente e único son irlandés, innovan a música folc e a banda consegue unha grande atención pola súa mestura de influencias musicais: folc, música tradicional irlandesa, rock, funk ou jazz. Destacan as letras de explícito compromiso político, especialmente preocupadas pola situación en Irlanda do Norte. Christy Moore canta sobre a industria nuclear, os ladróns terratenentes, o golpe de estado en Chile ou o lado escuro da relixión organizada.

Durante décadas comprobaron como os/as seus/súas seguidores/as en todo o mundo se viron atrapados pola súa música.

Despois de moitos cambios de persoal, decidiron concentrarse na música instrumental, así nace A tormenta, o aclamado e influínte álbum de 6 instrumentais publicado en 1985. Despois da xira, a banda segue distintos camiños. A diferencia de moitas bandas que deixan de traballar xuntos, todos os membros de Moving Hearts pasan a ter éxito nas súas carreiras como músicos e achegan a profundidade das súas experiencias cando se xuntan de novo.

Hoxe, 25 anos despois, músicos de todo o mundo celebran, admiran e continúan o legado destes músicos, unha visión artística independente e libre que demostrou ser máis resistente que calquera ideoloxía.

Moving Hearts proxectan reunirse algunhas veces ao ano para levar o seu son único ao novo público e aos/as vellos/as seguidores/as. En Santiago teremos o privilexio de escoitar en directo Live in Dublín e gozar do son único destes prestixiosos músicos que forman o dream team da música irlandesa.



« Programa 2008
Escoita en mp3 o tema:
Category